AS NOSAS CANTAREIRAS
No día das Letras Galegas deste 2025 festexamos a nosa tradición coas nosas cantareiras. Elas, mulleres que conservaron a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa historia como pobo por medio da tradición oral. A través do cantar, da música, honraron a nosa memoria como pobo nos tempos máis escuros.
A necesidade de expresarse, de sentir, de facer comunidade, levaron ás cantareiras a empregar calquer utensilio que tiñan a man e convertelo en instrumento musical. Como as tixolas, as hañas, os sachos, pedras, etc. Ademáis de conservar o espíritu de reunión e festexo mantendo vivas as foliadas, elas son as responsables de conservar dun xeito único a memoria histórica da nosa terra, Galicia. Achéganos a comprender o amor, o desamor, a comunidade que había nos pobos, a valentía e mesmo a denuncia das inxustizas.
Algunhas das nosas cantareiras percorreron o mundo gracias ao seu cantar e tocar a pandeireta. A música fíxoas viaxar e amosar a nosa identidade como pobo, as nosas raíces foron coñecidas noutros lugares do mundo.
Isto fixo que musicólogas e antropólogas como Beatriz Busto Miramontes, contara a historia destas mulleres no libro “Pandereteras de Mens”.
Son mulleres como Manuela, Tresa, Prudencia, Asunción e Adela, que viviron toda a súa vida traballando no campo, na terra e nos ríos (as lavandeiras). Elas fixéronse coñecidas por toda Europa e América viaxando coa Agrupación Folclórica Aturuxo.
A musicóloga e compositora alemana Dorothé Schubarth chegou á Vila da Igrexa en marzo de 1980 cando realizou as súas famosas gravacións de recolla a Rosa Casás Rama e Adolfina Casás Rama. Rosa e Adolfina eran mulleres que voltaran da emigración, eran fillas de nais solteiras. Adolfina aprendeu a cantar e tocar da súa nai e Rosa da súa avoa e a súa nai. Eran habituais nas foliadas da parroquia e da contorna.
Este material está disponible no Cancioneiro Popular Galego, no Fondo Dorothé Schubarth do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura e no APOI do Museo do Pobo Galego.
Eva Castiñeira, de Muxía, foi unha muller pioneira ao actuar con grupos de folk como Milladoiro, levando a pandeireta aos escenarios profesionais.
Grazas eternas ás mulleres cantareiras da nosa terra!
Texto de ZELTIA ACUÑA INTREGANTE DE ZELTIA IRAVIRE
Zeltia Irevire
Laura Zeltia Acuña Barros: guitarra e voz. Miguel Carballido Cernadas: bodhran, percusións e coros. Cibrán Seixo Pazos: violín e sintetizador de baixos. Levan no seu son diversas influencias das raíces tradicionais e do folk atlántico creando o seu propio estilo, o Folk Tribal. Experiencia musical creada en 2019 en Santiago de Compostela desde a autoxestión, dun xeito progresivo e comprometido coa protección do medio ambiente, colaborando dun xeito activo con diferentes asociacións culturais, ecoloxistas e feministas.
Interesantísima esta semblanza acerca de as nosas cantareiras.
ResponderEliminarBicos.
Bicos
Eliminar